Denunciado por colgar en facebook un vídeo no que facía manobras temerarias co coche
O condutor dun turismo BMW Z3 accedeu a unha zona peonil para realizar círculos sobres si mesmo, chegando a non manter as mans no volante co consecuente risco de colisión.
Imaxe de arquivo
Efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil pertencentes ao Destacamento de Tráfico de Corcubión (A Coruña) denunciaron a un condutor que colgou en redes sociais un vídeo no que se vía como realizaba manobras temerarias.
Así o informou o Instituto Armado, que sinalou que foi o domingo cando se presentou a denuncia por infracción ao Regulamento Xeral de Circulación por "conducir de forma temeraria".
En concreto, o condutor dun turismo BMW Z3 accedeu a unha zona peonil "co fin de realizar círculos sobre si mesmo facendo deslizar o eixo traseiro, chegando a non manter as dúas mans sobre o volante co consecuente risco de colisión", segundo relatan as mesmas fontes.
Por iso, o Instituto Armado xustifica que a formulación da denuncia deriva do visionado dun vídeo gravado e publicado na rede social Facebook.
A Benemérita remitiu a denuncia formulada xunto a un CD coa gravación do feito á Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.
Escribe o teu comentario