O embaixador británico en España comprométese cos dereitos dos galegos emigrados

Manley rexeita que o Brexit vaia a carrexar unha subida de impostos ou aranceis e afirma que queren ser un país acolledor con "turistas e investidores"


|

Brexitbanderasreinounidounioneuropea 1


O embaixador de Reino Unido en España, Simon Manley, sinalou que o Brexit non terá efectos para os galegos e o resto de españois residentes neste país, a quen "non lles vai a pasar nada". Tal é así que, para dar "máis seguridade" aos cidadáns, comprometeuse a "garantir" os seus dereitos.


"Queremos garantir os dereitos dos galegos, outros españois ou outros europeos que están a vivir no noso país", respondeu a preguntas dos xornalistas antes de participar este mércores no 'Seminario sobre oportunidades de negocio no Reino Unido', que se celebraba na Cámara de Comercio da Coruña.


Simon Manley comprometeuse a "garantir canto antes" os dereitos dos españois residentes en Reino Unido, do mesmo xeito que -di- tamén é necesario "garantir os dereitos dos británicos que viven en España". "É moi importante para dar máis seguridade aos cidadáns", engade.


Manley rexeitou que o Brexit vaia a carrexar unha subida de impostos ou aranceis. "Somos un país aberto e cremos no libre comercio. Queremos que a nosa economía sexa cada vez máis competitiva e xere cada vez máis riqueza", asegura.


REFERENDO EN ESCOCIA


"Queremos ser un país que acolla aos turistas e aos investidores cos brazos abertos", engadiu o embaixador de Reino Unido en España.


"A política non é xogo", dixo Manley ao ser preguntado sobre o referendo de independencia en Escocia. "Hai doce anos o pobo escocés votou de maneira moi clara a favor da pertenza ao noso país, un país que foi un éxito durante 300 anos e seguirao sendo", apuntou.


Pola súa banda, o presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, animou ás empresas galegas a seguir investindo "como o están facendo" en Reino Unido, un país con grandes oportunidades.


De feito, Couceiro non teme os efectos do Brexit, posto que considera que as empresas galegas adaptaranse "ás novas regras do xogo" e seguirán sendo competitivas.

relacionada "Non se debe deixar caer o construído" en Europa por culpa do Brexit
relacionada A Consellaría do Mar prepárase con argumentos para as consecuencias do 'Brexit'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE