Os sindicatos celebran o 10 de marzo por separado

No Día da Clase Obreira galega, CCOO participará nun acto institucional e celebrará a súa manifestación ás 19,00 horas | A CIG organizará unha ofrenda floral e manifestación ás 20,00 horas. 


|

GaliciaunicaamadorydanielferrolMonumento a Amador Rey e Daniel Néboa en Ferrol // galiciaunica.es


Un ano máis os sindicatos celebrarán por separado o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. CC.OO. participará, como é habitual, no acto institucional organizado polo Concello de Ferrol ás 11,00 horas e celebrará a súa manifestación ás 19,00 horas. Mentres, a CIG organiza a súa propia ofrenda floral, sen acudir á institucional, e unha manifestación ás 20,00 horas.


Este ano, o secretario xeral de Comisións Obreiras, o ferrolán Ignacio Fernández Toxo, non asistirá aos actos programados por problemas de axenda.


Baixo o lema 'Emprego e salarios dignos para unha vida digna', CCOO celebrará este 10 de marzo coa ofrenda floral institucional no monumento que lembra a Amador Rey e Daniel Néboa, asasinados o 10 de marzo de 1972 pola Policía franquista. Desde ese mesmo punto partirá a mobilización do sindicato, que terá o seu punto final na praza da Constitución.


Pola súa banda, a CIG celebrará o 10 de marzo baixo o lema 'Recuperamos os nosos dereitos' cunha asemblea de delegados no local do sindicato ás 10,30 horas, unha ofrenda floral no monumento ás 12,00 horas e unha manifestación ás 20,00 horas, que sairá do local da central sindical para finalizar na praza do Himno Galego.


Manuel Grandal, secretario comarcal da CIG, enmarcou estes actos nun "ano de loita" no que non descarta que se poida convocar unha folga xeral. De feito, esta mobilización vai encamiñada a crear conciencia de que "xa pasaron os tempos de resistencia e son os tempos de mobilizarnos para recuperar os dereitos perdidos", sinalou. 

relacionada A CIG outorga o Premio 8 de Marzo a María López pola súa actividade sindical en Mercadona
relacionada Demandan un plan feminino de emprego fronte ao avance da brecha salarial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE