Evacúan o peón dun camión de lixo tras ser esmagado contra un farol no Vicedo
O condutor chocou contra un farol ao manobrar, na praia de Silloi, e esmagou ao peón que levaba detrás.
O peón dun camión de lixo foi trasladado na mañá deste luns ao Hospital de Burela tras ser esmagado contra un farol na localidade do Vicedo (Lugo).
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu a alerta do accidente por parte do condutor do camión implicado ás 7,15 horas deste luns.
Segundo relatou o condutor ao servizo de emerxencias, ao manobrar chocou contra un farol, na praia de Silloi, e esmagou ao peón que levaba detrás.
Por iso, o 112 Galicia informou do sucedido a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e a Protección Civil do Vicedo, que se achegaron ata o punto.
Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao Hospital da Costa, en Burela, ao ferido, J.C.P., de 60 anos de idade.
Escribe o teu comentario