Cancela non descarta que Ferraz faga cambios na xestora do PSdeG

A próxima semana toca prorrogar o equipo que dirixe de forma provisional o partido. Persoalmente, aposta por un PSOE máis á esquerda.


|

Pilarcancela 1


Pilar Cancela non descarta que Ferraz introduza cambios na xestora do PSdeG, que ela mesma preside, debido a que a próxima semana toca prorrogar este equipo que dirixe de forma provisional o partido.


"Iso pode pasar en calquera momento: nin o descarto nin digo que non. Iso, en todo caso, é unha decisión que lle compete á dirección provisional do partido a nivel federal, e son eles os que teñen que tomar a decisión respecto diso", explicou nunha entrevista en Cadena Ser, para logo asegurar que a xestora galega, "desde logo", vai asumir " e acatar" a decisión que se adopte.


Así mesmo, convidou a aqueles que critican a súa xestión a presentarse ás primarias para elixir á nova dirección do partido e, deste xeito, ver quen consegue os apoios necesarios.


De igual modo, subliñou que a responsabilidade da actual situación do partido é de todos e compartiu co exsecretario xeral dos socialistas galegos Pachi Vázquez que foi un ano "longo".


Con todo, rexeitou o cualificativo de "doloroso" que este último empregou este sábado. "Doloroso penso que non é a palabra adecuada. [...] Vaiamos a unhas primarias e a un congreso e que asuma outra dirección, e logo cada un teremos que asumir as responsabilidades que teñamos que asumir. Eu non escapo das miñas e esta xestora non escapa das súas", remarcou Cancela, quen considera que as responsabilidades "son compartidas en moitísimos casos".


A uns meses de que se celebre o congreso federal, cre que o partido debe situarse máis á esquerda e abrir o diálogo con outros partidos do seu ámbito ideolóxico.


Sobre o ex secretario xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro asegurou que é un activo e que, unha vez se resolva a súa situación xudicial, pode ser o que el queira no partido.

relacionada Caballero: "A maioría absoluta a Feijóo regaláronlla Cancela e Leiceaga"
relacionada Pachi Vázquez culpa á xestora da situación "catatónica" do PSdeG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE