Investigadores da USC reducen á metade os tempos de produción de larvas de ostra

España é o segundo país produtor de ostra plana europea do continente, con 427 toneladas en 2014 e un valor de 2,2 millóns de euros.


|


LarvasostrasUSC 1

Un equipo do Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago (USC) estableceu un protocolo de cría que reduce á metade os tempos de produción de larvas de ostra plana europea.


Segundo informa a USC nun comunicado de prensa, España é o segundo país produtor de ostra plana europea do continente, con 427 toneladas en 2014 e un valor de 2,2 millóns de euros.


Respecto diso, destaca que "a sobreexplotación, a importación masiva de semente doutros países ou o progresivo descenso do recrutamento de semente no medio natural" propiciaron que a produción de ostra "reducísese á metade no últimos dez anos".


O grupo de investigación Acuibiomol do Insituto de Acuicultura da USC, en colaboración coa Confraría de Pescadores de San Bartolomé de Noia, identificou as condicións óptimas de temperatura, réxime de exposición diaria á luz e ración e composición da dieta de microalgas para o acondicionamento de proxenitores de ostra plana en criadeiro.


Ademais, deseñaron un protocolo de cultivo que, segundo explicaron, "reduce practicamente á metade os tempos de produción de semente".

relacionada Interveñen 75 quilos de ostras e unha embarcación que faenaba en zona prohibida en Fene
relacionada Os alumnos da USC gradúanse con notas superiores á media galega e española

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE