Música en directo, arte e viño danse cita na Galería Metro
Este mércores a Galería Metro-Campus Stellae acolle o terceiro concerto do I Ciclo de Música de Cámara a cargo do dúo de clarinete e piano formado por Emilio Alonso Espasandín e Gabriel López Rodríguez.
Este mércores a Galería Metro-Campus Stellae acolle o terceiro concerto do I Ciclo de Música de Cámara a cargo do dúo de clarinete e piano formado por Emilio Alonso Espasandín e Gabriel López Rodríguez, que interpretarán temas de Eugéne Bozza, Robert Schumann ou Francis Poulenc, entre outros, nunha sesión na que se poderá gozar da música de preto, na contorna da exposición "Horizonte de sucesos" da artista Arantza Pardo e degustando unha copa de bo viño.
Cinco formacións creadas para este ciclo reunen a recoñecidos intérpretes que forman parte das institucións musicais "máis relevantes da cidade", A Real Filarmónica de Galicia, A Banda Municipal de Santiago ou o Conservatorio Profesional de Música.
Cinco concertos que se celebran cada mércores do mes de marzo ás 20 horas, nos que os asistentes vivirán a música de preto no espazo dunha galería de arte, convivindo coas obras colgadas nas súas paredes e gozando de sesións exclusivas acompañados dunha copa de bo viño.
O prezo de cada entrada son 15 euros e o abono para os cinco concertos custa 50 euros. A venda anticipada realízase no Campus Stellae, mentres que as reservas se fan a través de email --info@galeriametro.com, arte@campus-stellae--, ou vía telefónica chamando ao 981 522 788.
Escribe o teu comentario