Convocadas 682 prazas de estancias lingüísticas para alumnado de ESO e Bacharel

Para obter as bolsas, os candidatos terán que estar a cursar ESO ou Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinos de réxime xeral,


|

Academiadeingles


A Consellería de Cultura anunciou este luns a convocatoria de 682 prazas para que o alumnado de ESO e Bacharelato mellore as súas competencias en lingua inglesa en estancias lingüísticas.


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns esta convocatoria, cuxo prazo de solicitude estará aberto do 28 de febreiro ao 27 de marzo, con axudas a través das que a consellería sufragará entre o 87,5 e o 50% do custo das estancias que realice o alumnado beneficiario.


No caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, convócanse 92 prazas, en réxime residencial na Comunidade Autónoma de Galicia, de estancia dunha semana e con profesorado nativo. No caso do alumnado de ESO, convócanse 590 prazas en réxime residencia, de estancias de dúas semanas con profesorado nativo.


Para obter as bolsas, os candidatos terán que estar a cursar ESO ou Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinos de réxime xeral, durante cúrsoo 2016-2017, en Galicia.


Ademais, deberán ter unha nota mínima na área ou materia de lingua estranxeira (inglés) de 'Ben' ou 6 no curso 2015/2016, así como ter superadas todas as materias nese mesmo ano académico. Os criterios para o baremo, puntuación e determinación das achegas familiares serán a nota media do expediente académico no curso 2015/2016 e a renda per cápita da unidade familiar.


O propósito desta iniciativa, enmarcada no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón que o poña en práctica durante todo o día nas diversas actividades que está previsto que se realicen, nas que se inclúen competicións deportivas, xogos, talleres, excursións ou veladas nocturnas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE