A CIG demanda acabar coa subcontratación en Navantia

O sindicato esixe que o novo plan estratéxico non supoña "outro grave axuste de persoal" e reclama potenciar as actividades dos estaleiros.


|

Navantia 6


A CIG esixe que o novo plan estratéxico para Navantia non supoña "outro grave axuste de persoal", polo que reclama melloras laborais e avanza mobilizacións en defensa dos dereitos dos traballadores.


Nun comunicado, o sindicato deixa claro que o novo plan estratéxico "non pode ser igual que o do ano 2005", asinado por CCOO, UGT e USTG, que provocou que na comarca de Ferrolterra "desaparecesen máis de 1.400 postos de traballo" a través de prexubilacións, substituídas por empresas auxiliares cunha "alta temporalidade e precariedade".


Así, demanda acabar con esa subcontratación e aumentar o traballo directo, cun incremento do persoal actual. Para iso, cre necesario dotar a Fene do persoal suficiente para volver á construción naval.


Entre outras peticións, chama a potenciar as actividades de reparacións e fabricacións con infraestruturas suficientes, corrixir un sistema organizativo "que está a ser un fracaso", así como a establecer un plan de xubilacións anticipadas unido a unha substitución xeracional en contratacións.


Todo iso, negociado cos comités de empresa e referendado polos traballadores, aínda que a CIG di ser consciente de que "os plans da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) e da empresa van en sentido contrario".

relacionada O comité de Navantia Ferrol acusa ao actual presidente de ser "o cancro" da compañía
relacionada El CNI impide el acceso a salas con documentación clasificada a un empleado de Navantia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE