O PSdeG solicita a revogación dos cambios nos contratos dos investigadores galegos

|

Psdegcontratospredoctorales


A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, presentou unha serie de iniciativas nas que lle reclama ao Goberno galego que defenda fronte ao Goberno central a recuperación dos dereitos laborais dos investigadores predoutorais galegos.


Nun comunicado, a responsable socialista precisou que o Goberno central decidiu modificar os contratos predoutorais asinados desde 2014 "sen previo aviso e de forma retroactiva", "empeorando", mantén, as condicións da xente nova científica.


"Estes pasaron, dun día para outro, de ter un contrato de obra e servizo a ter un contrato en prácticas", denunciou a deputada socialista, quen advertiu que "todos os expertos xurídicos consideran que son ilegais e que teñen consecuencias para o pasado laboral, e para o presente e futuro dos investigadores, aumentando a súa precariedade e inestabilidade".


Ademais, continuou a socialista, supón "unha nova proba da falta de apoio do PP á I+D+i, despois dos fortes recortes dos orzamentos", os cales, lamentou, colocan a Galicia nun nivel "moi inferior" á media dos países europeos.


Acto seguido, Concepción Burgo advertiu que, entre os afectados, atópanse investigadores galegos que "cada vez teñen moito máis difícil desenvolver unha carreira científica" e que, defendeu, "deben ser defendidos polo Goberno da Xunta".


Por todo iso, o PSdeG reclamoulle á Xunta que se dirixa "de inmediato" ao Executivo central para "solicitar a revogación dos cambios feitos nos contratos dos investigadores predoctorales, e restituírlles os seus dereitos laborais".

relacionada 324 investigadores de Galicia están afectados polo cambio nos contratos predoctorales
relacionada Alarma entre os investigadores das universidades por un cambio masivo nos seus contratos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress