A Policía pon en marcha un dispositivo para garantir un entroido seguro

Durante estes días, a Policía Nacional difundirá unha serie de tuit-consellos baixo o hashtag #carnavalseguro, para concienciar a todos os cidadáns das pautas de seguridade necesarias.


|

Entroidoourense


A Policía pon en marcha este venres en toda España dispositivos especiais para garantir a seguridade das celebracións de Entroido


Desde este venres, 24 de febreiro, e ata o vindeiro domingo 5 de marzo, a Policía Nacional reforzará a seguridade nas principais cidades con axentes en radriopatrullas, UPR, Unidades de Intervención Policial (UIP), Cabalería, Guías Caninos, a Unidade de Medios Aéreos e efectivos das Brigadas de Policía Xudicial, Información e Estranxeiría.


Segundo informou Policía Nacional, os dispositivos deseñados pretenden evitar a comisión de determinados delitos como venda de estupefacientes, tiróns, sirlas, furtos na rúa, subtraccións de vehículos, agresións sexuais ou actos de vandalismo, así como calquera acto contra a orde pública e a seguridade cidadá. Ademais, a Policía ten previstos plans concretos para afrontar as distintas situacións de emerxencia.


Durante estes días, a Policía Nacional difundirá unha serie de tuit-consellos a través do seu perfil en Twitter, @policia, baixo o hashtag #carnavalseguro, para concienciar a todos os cidadáns das pautas de seguridade necesarias.


De entrada, a Policía recalca que calquera actividade, festa ou celebración pública debe contar coa autorización administrativa e cumprir as normas de seguridade. Unha festa de acceso público debe contar con servizo de seguridade, saídas de emerxencia indicadas e cumprir normas de seguridade e aconséllase coñecer o itinerario marcado en caso de evacuación.


A DOUS METROS DAS CARROZAS


Ademais, aconsella manter unha distancia mínima de dous metros do paso das carrozas nas cabalgatas e, en xeral, non situarse en canellóns sen saída ou sitios de difícil evacuación e ter prevista sempre unha vía de escape en caso de perigo.


A Policía aconsella tamén non comprar petardos, bengalas ou foguetes en establecementos non autorizados e usar a pirotecnia só en lugares abertos e respectando as distancias de seguridade.


Tamén lembra que hai que asegurarse de que os disfraces máscaras e pinturas, e especialmente os dos nenos, cumpran os requisitos da CE, non conteñan materiais inflamables ou que poidan provocar alerxia, asfixia ou estrangulamento.


En caso de situacións de risco, aconsella manter a calma e seguir as instrucións indicadas polos organizadores ou Corpos de Seguridade e, en caso dun altercado, tentar afastarse do lugar e chamar ao 091. "Evita sempre a violencia, respecto e calma", engade.


Outros consellos son non levar obxectos perigosos, como botellas de cristal ou paus; non acudir con obxectos de valor a desfiles ou cabalgatas, non levar nada nos petos traseiros e levar os bolsos en bandoleira e escribirlles aos nenos pequenos o teléfono do adulto responsable en lugar ben visible.


Por último, aconsella aparcar os coches en zonas de tránsito e luminosidade, sen deixar obxectos de valor de forma visible, e non consumir drogas: "O consumo de drogas non só é moi daniño para a saúde. Se se fai en vía pública, é motivo de sanción e o tráfico de estupefacientes é delito", avisa a Policía.

relacionada Case 400 nenos de Ourense empápanse "dos valores propios" do entroido
relacionada Ollo ao uso de lentes de contacto cosméticas este entroido

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE