Medio Rural defende que "en 8 anos do PP arderon menos hectáreas que co bipartito"

A conselleira, Ángeles Vázquez, defende o modelo de contratación de aeronaves, que segundo ela, remóntase á época de Touriño e Quintana.


|

Helicopterodescargaincendio


A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu o modelo de contratación de aeronaves da Xunta para loitar contra os incendios e, tras advertir a En Marea que "co lume non se xoga e non se fai política", subliñou que en oito anos do PP arderon menos hectáreas que na lexislatura do bipartito --138.365 fronte a 166.775--.


Davide Rodríguez (En Marea) incidiu nas dúbidas do Consello de Contas ao redor da contratación do servizo integral de helicópteros e a conselleira mostrou a súa "perplexidade" ante as críticas recibidas por unha contratación que, subliñou, remóntase á época do bipartito, aos anos 2007 e 2008.


Defendeu que, por aquel entón, a Xunta contrataba de media a unhas 24 persoas ao ano para as brigadas helitransportadas pero que, por mor dunha sentenza xudicial (que data de 2012) a Consellería determinou crear 25 postos de traballadores fixos-descontinuos de tres meses que substitúen aos de obra e servizos.


"A estes 25 postos súmanse outros 37 de traballadores fixos-descontinuos de nove meses tamén para as brigadas helitransportadas", engadiu, antes de defender o sistema de contratación que leva a cabo en materia de aeronaves e brigadas.


Así, afirmou que, ao contratar xuntos os medios aéreos e humanos, afórrase " diñeiro", "redúcense as trabas administrativas e increméntase a operatividade tanto na contratación como nos servizos". En todo caso, adiantou que o seu departamento encargará unha consulta de mercado para dotar de total transparencia ao proceso.


A conselleira subliñou que estes contratos, que levan tamén a cabo noutras comunidades e noutro tipo de servizos como o de salvamento, fanse en base a uns criterios técnicos. "Nós esiximos helicópteros competitivos e seguros, así como persoal formado e responsable", resolveu.

relacionada Case o 65% dos incendios forestais de xaneiro afectaron ao Noroeste peninsular
relacionada Investigados dous veciños de Cualedro e outro de Verín por un incendio forestal en Laza
relacionada Galicia non está equipada para a desestacionalización do lume

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE