Puy, sobre a sucesión de Feijóo: "É coma se me preguntase se vai chover en agosto de 2018"

Considera situarse agora como "extemporáneo" e "prematuro", e incide en que 4 anos en política "son moitos anos". 


|

Puyfraga


O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, opinou este luns que comezar a falar da sucesión do seu xefe de filas, Alberto Núñez Feijóo, cando acaban de cumprirse as súas 100 primeiros días de goberno, é algo "extemporáneo" e "prematuro".


"Non é que estea a favor nin que estea en contra, é que me parece un pouco prematuro a catro anos vista", sostivo, ao ser preguntado sobre as peticións neste sentido xa formuladas tanto polo portavoz do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro, como polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.


Tras lembrar que el si pediu ao mandatario que volvese presentarse aos comicios do pasado 25 de setembro, nas que o PPdeG ampliou a súa maioría absoluta ata os 41 deputados, incidiu en que catro anos en política "son moitos anos" para comezar a situarse agora sobre as eleccións de 2020.


E é que, como sinalou, no candidato popular para esa data influirán diversos aspectos, desde o estado de saúde e a vontade de Feijóo ao escenario político. "A tan longo prazo", por tanto, "non ten moito sentido" falar do asunto, resolveu.


"CUMPRIR O PROGRAMA"


Tanto é así que Puy Fraga sinalou que, tras a última vitoria electoral en Galicia, o que toca é "cumprir o programa" e traballar pola recuperación económica e pola creación de emprego.


"Calquera outra cuestión é coma se pregúntame se vai chover en agosto do ano que vén. Podo ter algunha opinión sobre o cambio climático, pero non son capaz de dicilo", resolveu, á vez que apuntou que "o escenario óptimo" sería que de novo en 2020 o PPdeG volvese pedirlle a Feijóo que seguise. "Sería que están as cousas moi ben, que o fixo moi ben e que, por tanto, a súa continuidade garante outros catro anos de goberno", concluíu.


Máis aló diso, o que puxo en valor é que o seu partido ten "a sorte" de ter "un liderado claro", a diferenza das "cuestións sucesorias" ou sobre "quen manda" doutras forzas.

relacionada Feijóo, sobre a sucesión de Rajoy: "Queda moito presidente por diante"
relacionada Puy rexeita "lecturas" sucesorias na decisión de deixar a cinco conselleiros no Parlamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE