Condenados a penas de prisión tres homes por delito ambiental en Carballo

Ao principal acusado fíxaselle unha pena de tres anos e seis meses e a outros dous un ano de cárcere.


|

Delitomedioambiental


A Sección Segunda da Audiencia coruñesa vén de condenar a tres anos e seis meses de prisión a un home, veciño de Ponteceso (A Coruña), por un delito ambiental cometido en Carballo en 2011, segundo fixo público o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).


Mentres, o tribunal condena a outros dous procesados a un ano de prisión e absolve a un cuarto. No caso dos condenados, considéraos autores dun delito contra o medio ambiente por depositar bidóns e outros colectores de plástico que contiñan pinturas, colas e esmaltes empregados para a construción en lugares non autorizados en Carballo (A Coruña).


En concreto, o tribunal impón tres anos e medio de prisión, multa e inhabilitación para a realización de actividades industriais polo tempo de dous anos para o propietario do material por dar a orde de desfacerse do mesmo. Ás dúas persoas que executaron o encargo, tal e como eles mesmos recoñeceron, a sala imponlles un ano de prisión.


DANO Á SAÚDE


A todos eles, considéralles autores dun delito contra o medio ambiente "na modalidade de causar grave dano á saúde", pero ten en conta a atenuante ordinaria de dilacións indebidas e de confesión no caso dos condenados a un ano de prisión.


Segundo considera probado a sentenza, o principal acusado, en colaboración coas outros dúas persoas agora condenadas, depositaron os materiais sen adoptar medidas de control en tres puntos xeográficos distintos de Carballo. Un deles, foi na parroquia de Bertoa, á beira dun punto limpo.

relacionada A futura lei de patrimonio natural contempla multas de ata dous millóns

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE