Helena Villar e Xesús Rábade disertan en Santiago sobre 'Lingua materna e globalización'
A cita será a partir de as 20,00 horas do luns na sede Afundación da Rúa do Vilar.
O Ateneo de Santiago celebrará o luns unha nova sesión do ciclo de conferencias 'Os luns do Ateneo', coa presenza dos escritores e docentes Helena Villar e Xesús Rábade, que falarán de 'Lingua materna e globalización'.
A cita, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura do Ateneo, será a partir das 20,00 horas do luns na sede Afundación da Rúa do Vilar.
Os relatores, recoñecidos profesores e escritores, realizarán durante a charla unha panorámica sobre o papel das linguas modernas na "imparable globalización" actual.
Escribe o teu comentario