O Concello de Ourense destinará 130.000 euros á celebración do Entroido 2017

Haberá charangas, DJ's, actividades para nenos e por suposto, o tradicional desfile, dotado con premios por valor de 16.000 euros


|

Ourensecapitaldoentroidocartaz2017



O Concello de Ourense destinará 130.000 euros á celebración do Entroido 2017, que comezará o xoves e que incluirá un programa de ata 66 actividades.


Así o confirmou este mércores a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, con motivo da presentación do programa "dunha da actividades máis subversivas e divertidas do ano".


A maioría das actividades, un total de 34, correspóndense a distintos actos na cidade e comezarán este xoves, ás 11,30 horas, co típico 'Xoves de Compadres'.


Os 32 restantes son actividades dos entroidos nos núcleos máis tradicionais da cidade: o Entroido das Pitas, nas Eiroás; o Entroido de Paquita e Nicanor, en Seixalbo; e o Entroido de Frei Canedo, no barrio da Ponte.


A concelleira de Cultura resaltou na edición de 2017 a participación de "18 charangas en todos os barrios da cidade" e a presenza de "orquestras en horario de noite".


ACHEGAR O ENTROIDO AOS NENOS


Tamén destacou unha "innovadora proposta multidisciplinar" chamada Dial de Entroido, que terá lugar o luns entre as 17,00 e as 24,00 horas na rúa A Unión (tras a catedral), e contará coa participación de tres DJ ourensáns e o artista portugués Pixel 82.


As 'Mañás do Entroido' son outro dos eventos que resaltou, e que o luns 27 e o mércores 1 de marzo pasará polos locais da Asociación Xuvenil Amencer para explicar a orixe desta festa e as súas características aos nenos de entre 3 e 12 anos.


Ademais, a técnica de Cultura María Díaz destacou que a programación de 2017 aposta por aumentar as actividades no Xardín do Posío, "unha zona máis adecuada para as actividades dos nenos", á vez que se aposta por "dinamizar outras zonas da cidade".


DESFILE DE CARROZAS


Entre as actividades principais do Entroido 2017 figura o tradicional desfile de comparsas e carrozas, que terá lugar o domingo 26 de febreiro a partir das 17,00 horas.


Partirá desde As Lagoas e percorrerá as rúas Curros Enríquez, Juan XXII, Progreso e Doutor Marañón ata chegar á Praza Maior.


Estará dotado con 16.000 euros en premios para os participantes e repartidos en diferentes categorías: Rey ou Raíña; comparsas con menos de 10 compoñentes; comparsas de máis de 10 compoñentes; premios especiais e premios para carrozas.


Respecto diso, María Díaz confirmou que as inscricións para participar no desfile "van a bo ritmo", aínda que "a xente espera ata o último momento".


Polo momento, hai "ao redor de 30" anotados e o concello confía en alcanzar "un desfile moi numeroso", con 65 ou 70 grupos.


CARTEL DO ENTROIDO


Finalmente, Isabel Seidell, autora do cartel do Entroido 2017, explicou a xénese da súa proposta, que mostra a uns pallasos no medio da Praza Maior.


"A cidade non ten elementos típicos, por iso quixen destacar esta praza, onde se concentra a festa", detallou.

relacionada 1.660 sinaturas denuncian un 'Charlie Hebdo' no cartel do Entroido da Coruña
relacionada O vídeo que retrata os personaxes do Entroido galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE