Senra denuncia en Europa "a alarmante contaminación" das rías galegas

Sinala que "a simple penalización económica" a España "non serve, xa que é o pobo quen a paga", e insta a un saneamento "efectivo".


|

Lidiasenrahoriz


A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, denunciou en Estrasburgo "a situación de alarmante contaminación" de "boa parte" das rías galegas e pediu ás autoridades comunitarias que obriguen a España a tomar medidas.


Segundo un comunicado, a eurodeputada tomou a palabra no pleno da Eurocámara para sinalar que esa contaminación "afecta moi negativamente" tanto á saúde das persoas, como ao medio ambiente e aos postos de traballo en diferentes zonas.


Por iso, tras sinalar que "a simple penalización económica" a España "non serve, xa que é o pobo quen a paga", Senra esixiu que se "obrigue" a facer o saneamento "de forma efectiva".


É máis, esixiu "todas as medidas que sexan precisas para atallar esta situación" e "acometer dunha vez por todas" o saneamento e a rexeneración das rías galegas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE