Dous escritores invidentes do século XIX protagonizan unha conferencia este xoves na Coruña

O presidente da RAG lembrará a obra e a figura do ourensán Valentín Lamas Carvajal e o lingüista Manuel Rodríguez na delegación da ONCE.


|


XesusAlonsoMontero

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, pronunciará unha conferencia sobre dous escritores galegos cegos este xoves na Coruña.


Segundo informou a ONCE, a charla terá lugar a partir das 19,30 horas deste 16 de febreiro na Delegación Territorial da organización en Galicia.


'Dous escritores galegos invidentes do século XIX: Valentín Lamas Carvajal e Manuel Rodríguez Rodríguez' é o título da conferencia na que Xesús Alonso Montero lembrará a obra e a figura destes escritores cegos, nun acto presentado polo delegado territorial da ONCE, Manuel Martínez Pan.


Do ourensán Valentín Lamas Carvajal destaca a importancia da súa poesía en galego e o talento e a orixinalidade da súa actividade xornalística en lingua galega. Do lingüista Manuel Rodríguez resalta o seu pensamento lingüístico e a súa incursión no relato curto en galego.

relacionada José Antonio Riveiro Canosa, novo director da ONCE en Santiago de Compostela

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE