A banda da que forma parte Cristina Pato logra o Grammy ao mellor álbum de 'World Music'

|

Cristinapato


Silk Road Ensemble, banda á que pertence a artista ourensá Cristina Pato, resultou vencedora do premio Grammy ao mellor álbum de World Music polo seu traballo 'Sing me home'.


Deste xeito, a banda, integrada por numerosos artistas de todo o mundo e liderada polo chelista Yo-Yo Ma, faise de novo cun galardón que xa conseguiu no ano 2010 co álbum 'Songs of joy and peace'.


Na madrugada do luns, Los Ángeles acolleu a gala dos Premios Grammy 2017, nos que o último álbum de Silk Road Ensemble fíxose co galardón na categoría de 'World Music'. 


Un disco no que se inclúe unha versión de 'Cabaliño', unha peza tradicional galega que foi gravada xunto aos músicos membros de 'Rústica', un proxecto no que participan, ademais de Pato; os galegos Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña.


O arranxo desta canción do folclore galego foi realizada por Anxo Pintos e ten como solistas a Yo-Yo Man, o iraniano Kayhan Kalhor e Davide Salvado.


TABIÉN NOMEADO A MELLOR DOCUMENTAL


Ademais, este disco foi gravado paralelamente a 'The Music of Strangers: Yo-Yo Man and the Silk Road Ensemble', documental do director gañador dun Óscar e un Grammy Morgan Neville que foi estreado en xuño e que narra a historia deste proxecto musical que aúna a música dos cinco continentes.


Esta cinta tamén optaba a un Grammy na categoría de mellor filme musical, que finalmente recaeu en 'The Beatles: eight days a week the touring years'.


O documental centra unha das súas partes na figura de Cristina Pato e a música tradicional galega, na que exploran a cultura, tradición e evolución do folclore de Galicia.


ADELE ARRASA


Adelegrammies


Adele, que competiu cabeza a cabeza con Beyoncé, é a única outra artista que foi nomeada este ano para as tres categorías máis importantes dos Grammy.


Chance the Rapper foi premiado como mellor artista novo mentres que Twenty One Pilots gañou o Grammy á mellor interpretación pop dun dúo ou grupo por "Stressed Out".


O outro líder da noite foi o músico británico David Bowie, que gañou todas o cinco nomeamentos polo seu álbum final "Blackstar", incluíndo mellor canción de rock. Foron os primeiros Grammys á música para Bowie, que nunca gañou en vida por un álbum individual ou canción.


"Blackstar" foi lanzado só uns días antes da súa morte en xaneiro do 2016 por un cancro. Ao aceptar o Grammy de interpretación de rock a nome de Bowie, o seu compañeiro de banda Donny McCaslin chamoulle "un xenio artístico e un tipo inmensamente gracioso".


Como noutros premios recentes, os artistas non tardaron en falar de política. A presentadora Jennifer Lopez dixo que a música é unha linguaxe universal, agregando: "Neste momento particular da historia, as nosas voces son máis necesarias que nunca".


O anfitrión James Corden, que abriu o show cun extenso rap sobre o poder da música, cantou "Vivan todo, porque isto é o mellor, e co presidente Trump, non sabemos o que vén".


Nesta edición faltaron algúns dos grandes nomes da noite. Drake e Kanye West, con oito nomeamentos cada un, non asistiron. Tampouco Justin Bieber.


Como Frank Ocean, aparentemente Bieber e West mantivéronse á marxe para mostrar a súa convicción de que os Grammys están desfasados cos artistas novos, mentres que Drake, que gañou dous Grammys ao principio da noite polo seu single "Hotline Bling", está de xira por Inglaterra.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress