As 26 rutas do Monte Pindo estarán en Google Street View
As do 'Olimpo Celta' de Carnota serán as primeiras sendas en aparecer no servizo de Google.
As rutas de sendeirismo que discorren polo Monte Pindo, situado no municipio coruñés de Carnota, serán as primeiras sendas en aparecer na plataforma Google Street View.
A Asociación Monte Pindo e Google asinaron un convenio de colaboración que conta co apoio do Concello de Carnota para o "mapeo" das rutas, que terá lugar o próximo mes de abril.
Deste xeito, a compañía autorizou ao colectivo veciñal a usar "a mítica mochila Trekker" para percorrer as 26 rutas que discorren polo 'Olimpo Celta' que suman un total de 110 quilómetros, segundo informou a propia Asociación Monte Pindo a través dun comunicado.
Escribe o teu comentario