O MAC abre unha nova convocatoria para cubrir catro residencias artísticas

As residencias ofrecen aos beneficiarios un espazo de traballo, un apoio de 3.000 euros en concepto de honorarios e ata 400 euros destinados a produción de obra. 


|

Residenciasartistas3


O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) abriu unha nova convocatoria para cubrir catro residencias artísticas -dúas internacionais e dúas locais-, que se desenvolverán entre o 2 de maio e o 30 de xuño, segundo informa.


Nun comunicado, explica que con este programa busca "incentivar a investigación e a produción artística, facilitar a produción artística local, contribuír á promoción dos creadores e promover a mobilidade internacional e intercambio de artistas e outros profesionais da cultura".


Cada unha das residencias ofrece aos beneficiarios, ademais dun espazo de traballo nas instalacións do museo, un apoio total de 3.000 euros en concepto de honorarios e ata 400 euros destinados a produción de obra.


As residencias están dirixidas a artistas de calquera disciplina e profesionais da cultura menores de 45 anos que desexen desenvolver un proxecto de investigación artística na sede do MAC na Coruña.


Ás residencias locais poderán presentarse artistas residentes en Galicia e ás internacionais artistas de calquera nacionalidade non residentes en Galicia.

relacionada O MAC inaugura unha mostra colectiva sobre o programa de residencias artísticas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE