O MAC inaugura unha mostra colectiva sobre o programa de residencias artísticas
Nel, reúnese o traballo desenvolvido polos 17 artistas, locais e internacionais, que participaron no Programa en 2015/2016.
Residencias MAC 2016 (octubre/noviembre) from Residencias MAC on Vimeo.
O Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa (MAC) inaugura este xoves, ás 20,00 horas, a exposición colectiva 'Velar e Desvelar. Programa de residencias artísticas 2015/2016'.
Nel, reúnese o traballo desenvolvido polos 17 artistas, locais e internacionais, que participaron no Programa de Residencias Artísticas do Museo no citado período.
"Trátase dunha mostra heteroxénea na temática, na técnica e o estilo, pero que abre as portas á creatividade e ao oficio do artista", explican os promotores.
O Programa de Residencias Artísticas naceu en 2012 co obxectivo de incentivar a investigación e a produción artística, facilitar a produción artística local, contribuír á promoción dos creadores e promover a mobilidade internacional e intercambio de artistas e outros profesionais da cultura.
Escribe o teu comentario