Folga de fame contra o "abandono das familias" vítimas de crimes machistas

A irmá da muller asasinada polo seu marido cunha escopeta en Becerreá maniféstase así en Madrid xunto a outras oito mulleres do colectivo Ve-la luz. 


|

Violenciamachista2


A irmá da muller asasinada polo seu marido o pasado ano en Becerreá (Lugo), Martina Gómez, participa nunha folga de fame en Madrid para denunciar "o abandono das familias" tras os crimes machistas.


Gómez atópase entre as oito mulleres que iniciaron o xoves unha folga de fame na Porta do Sol, en Madrid, contra a violencia machista. Todas elas pertencen ao colectivo Ve-la luz e expoñen 25 puntos co fin de "blindar" á muller ante os ataques machistas. Segundo defenden, pretenden que se inclúan estes nun pacto de Estado.


Martina Gómez lembrou que o sábado se cumprirá un ano desde que o marido da súa irmá a matou con unha escopeta de caza. Respecto diso, concretou que o "único" que pode dicir "é cal foi o despois, o abandono que sofren as familias e a falta de apoio que hai".


"Ademais están as continuas trabas que te podes atopar á hora de pedir axuda, incluso os packs psicolóxicos para os nenos orfos son moi limitados, con dez sesións cando as sesións debían de ser para sempre", sinalou.


Ademais, admitiu que o asasinato da súa irmá aínda "non" o superou, aínda que afirmou que "se aprende a vivir con iso e tentar que ninguén volva pasar por isto". A muller tamén expresou que con esta folga de fame quérese visualizar "o problema que se atopa unha muller no momento que quere pedir axuda".


AXUDA


É o caso da súa irmá, Ana Gómez, comentou que o día en que foi asasinada, pola mañá solicitara "axuda" e desprazouse a Lugo á Casa da Muller. "E mandárona para casa", lamentou.


A vítima tiña dous fillos, polo que a súa tía subliñou a "precariedade" á hora de atender os orfos de violencia machista por parte das distintas administracións.

relacionada Acordo unánime por un pacto galego contra a violencia machista
relacionada Condenado a 20 anos de prisión polo asasinato da súa muller en Narón
relacionada Concentracións en repulsa polo primeiro asasinato machista en Galicia en 2017

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE