Albor: "Se Rajoy abandonase Madrid, loitaría para que Feijóo fose presidente"

O ex titular da Xunta pide que o lembren como "unha boa persoa que loitou por Galicia, España e Europa"


|

Xerardofernandezalbor


O ex presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor considerou que o actual mandatario autonómico, Alberto Núñez Feijóo, "podería xogar un gran papel no Goberno de España". "Se Rajoy abandonase Madrid eu loitaría para que fose o presidente", afirmou.


Ademais, nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, o popular Xerardo Fernández Albor, que cumprirá cen anos en setembro, recalcou que Núñez Feijóo "é unha sorte para Galicia".


O expresidente galego avogou, así mesmo, por un entendemento entre a dereita e a esquerda. Deste xeito, apostou por un acordo entre o PP e o PSOE porque considera que é o que quere a xente da rúa.


"Nunca falei mal de ningún adversario político e menos con quen quero colaborar", afirmou Albor, que pensa que hai "unhas novas xeracións de políticos que pretenden dar leccións de democracia".


"GALICIA CAMBIOU MOITO"


Na entrevista nos 'Almorzos' da Radio Galega Fernández Albor criticou aos galeguistas de esquerdas porque "se deixan arrastrar polo secesionismo e iso é negativo para Galicia".


No seu repaso sobre os anos de historia da Autonomía galega, Albor sostivo que "a mocidade non é consciente do cambio que aconteceu en Galicia convertida nunha nacionalidade histórica". "Galicia cambiou moito e agora cada vez que saio vexo autoestradas e casas novas que nada teñen que ver coas aldeas que coñeciamos", sentenciou.


Albor manifestou sentirse con forzas a uns meses de cumprir os cen anos e pediu que o lembren como "unha boa persoa que loitou por Galicia, España e Europa".

relacionada O Parlamento conmemora os 35 anos do autogoberno de Galicia
relacionada Feijóo, sobre a sucesión de Rajoy: "Queda moito presidente por diante"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE