Morre un home tras caer co seu coche ao mar en Foz
Os bombeiros encargáronse de rescatar o corpo da vítima, de 40 anos.
// Foto de arquivo
Un home duns 40 anos faleceu na madrugada deste mércores no municipio de Foz (Lugo) despois de caer co seu coche ao mar no peirao.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar no peirao da localidade sobre as 6,20 horas deste mércores e bombeiros encargáronse de rescatar o cadáver da vítima.
Segundo explicaron os bombeiros ao CAE 112 Galicia, o vehículo quedou completamente mergullado na auga. A Garda Civil alertou ao servizo de emerxencias da presenza dun vehículo no mar ás 6,20 horas.
Por iso, por parte do Centro de Atención ás Emerxencias alertouse aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo e a Urxencias Sanitarias. Tamén se informou a Protección Civil e a Portos de Galicia.
Escribe o teu comentario