Mas asegura que o Constitucional non advertiu das consecuencias de celebrar o 9N
Artur Mas, Joana Ortega e Irene Rigau só constestaron ás preguntas da súa defensa | A estratexia seguida polos tres foi demostrar que non desobedeceron e que a consulta se celebrou grazas aos voluntarios.
O expresidente da Generalitat Artur Mas afirmou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSJC) que o está xulgando por desobediencia e prevaricación que foi súa a "iniciativa política" da consulta sobre a independencia de Catalunya o 9 de novembro de 2014 e do seu goberno, e que é o responsable de todo.
Na última pregunta do seu avogado, Xavier Melero, sobre se tamén foi o responsable de abrir os institutos, Mais afirmou que é "o máximo responsable da idea do proceso de participación" e de substituír unha consulta sobre a independencia suspendida polo TC por un proceso participativo no que participaron 2,4 millóns de persoas.
Tras concluír a súa resposta, o presidente do TSJC, Jesús María Barrientos, interveu para puntualizar que non respondera á pregunta concreta, ao que Mas contestou de forma taxativa... Segue lendo esta noticia en Catalunyapress
Escribe o teu comentario