Caballero reclama este luns a Santamaría e Montoro que "non dean máis largas" ao financiamento local

|

Abelcaballero 2


O presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o socialista Abel Caballero, dixo que este luns 6 de febreiro manterá unha reunión coa vicepresidenta do Goberno e ministra para as Administracións Territoriais, Soraya Sáenz de Santamaría, e co ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, para abordar un novo sistema de financiamento local.


Caballero reivindicou o labor da Administración Local así como a súa relevancia na política: "Temos que deixar de ser os grandes esquecidos da política española". Para Caballero, que leva bastante tempo reclamando un novo sistema de financiamento local, "as reivindicacións deben dar paso a solucións". E, neste sentido, dixo esperar que "non dean máis largas" desde os gobernos autonómicos e o central: "Imos continuar coa nosa man tendida para o acordo e o diálogo", apuntou.


Segundo recalcou, os alcaldes "gobernan e vertebran España": "O que nos move é a bandeira do muncipalismo e tamén o noso desexo de construír España porque nos sentimos españois", engadiu.


E mostrouse esperanzado ante o encontro que manterá o luns con membros do Goberno, ao mesmo tempo que citou un editorial escrita por Barberá para expresar a súa petición: "Rita dicía: queremos o acordo, pero agora; non dentro de anos nin dun futuro que sempre nos venden próximo pero que non chega", sinalou.


A reunión coa FEMP prodúcese catro días antes de que o Consello de Ministros aprobe a constitución do grupo de expertos que abordará a reforma do financiamento autonómico segundo anunciou este martes a propia vicepresidenta tras reunirse co presidente valenciano, Ximo Puig.

relacionada Caballero reprocha que a actitude de Feijóo é "antiviguismo en vea"
relacionada O Foro Económico alerta contra sistemas de financiamento "tipo Frankenstein"
relacionada O catedrático Santiago Lago, proposto como interlocutor no debate de financiamento

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress