Freo á demolición do cinema 'Zárate' de Mugardos
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu unha orde de suspensión á demolición do edificio, enviada este venres ao Goberno local.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu unha orde de suspensión á demolición do cinema 'Zárate' de Mugardos, enviada este venres ao Goberno local coa intención de preservar un inmoble de gran valor cultural e arquitectónico.
O informe elaborado polos técnicos da Dirección Xeral concluíu que a demolición do edificio supoñería "unha perda irreparable", fundamentando a decisión na defensa dos valores culturais e arquitectónicos do inmoble, ordenando así a suspensión da actuación e remitindo ao concello esta resolución.
Así mesmo, realizaranse os trámites previos para valorar a procedencia da incoación da catalogación do cinema 'Zárate' no prazo de dous meses e, de ser o caso, establecer o grao de protección adecuado.
Escribe o teu comentario