O Sergas separará no HAC os coches que van ao parking de persoal dos do público

A medida, que se implantará en período de proba desde a próxima semana, dividirá os carrís de acceso á rotonda entre público, persoal e urxencias


|

Cochescunqueiro 2


A xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, co obxectivo de mellorar o acceso de vehículos ao Hospital Álvaro Cunqueiro e evitar os problemas nas horas punta, reordenará o tráfico de forma que separará aqueles automóbiles que se dirixen ao aparcadoiro público daqueles que van ao de persoal, para que non interfiran entre si.


Segundo informou o Sergas, esta medida, que se implantará en período de proba desde a próxima semana, implica que o carril dereito de entrada desde a rotonda será utilizado polos coches que van ao parking e polo transporte público; e o da esquerda será para os vehículos que vaian ao estacionamento de persoal e á zona de urxencias.


Así mesmo, manterase un único carril de saída; potenciarase o uso do segundo acceso ao aparcadoiro público, situado na entrada de consultas externas; e colocarase balizamento e sinalización para orientar aos usuarios e ao persoal durante o período de proba.


NOVA SALA DE ELECTROFISIOLOXÍA


Noutra orde de asuntos, o Sergas tamén comunicou que a Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde publicou no Diario Oficial de Galicia deste venres a licitación da redacción do proxecto e da execución da obra dunha sala de electrofisioloxía no hospital.


Cun prazo de execución de tres meses e medio, a obra terá un orzamento de máis de 260.000 euros, que se suma ao investimento de 605.000 euros xa realizada en setembro para a adquisición do equipamento necesario, o que inclúe un equipo de imaxe radiolóxica, mesa, e elementos de visualización e asociados.


Con esta nova sala de electrofisioloxía conseguirase "unha importante mellora na calidade e na seguridade dos procesos asistenciais, no fluxo de traballo, así como na ergonomía e na comodidade", concluíu o Sergas.

relacionada Habilitan 30 camas no Meixoeiro para aliviar o colapso do HAC
relacionada Persoal do Chuvi volve denunciar o "caos" de tráfico no HAC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE