Habilitan 30 camas no Meixoeiro para aliviar o colapso do HAC

A Xunta admite 47 persoas pendentes de ingreso no HAC desde a noite deste martes, pero nega "colapso"


|

Meixoeiro


O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, recoñeceu que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo "amenceu" este mesmo martes con 47 persoas esperando un ingreso desde a noite, pero negou que exista "un colapso", tendo en conta que se habilitou unha trintena de camas no Meixoeiro para aliviar a situación.


"Habería colapso se non houbese máis camas", sostivo en comisión parlamentaria, desde o convencemento de que non liquidar ese pico traería consigo que nos días seguintes se multiplicasen os pacientes nesa circunstancia.


Foi a súa resposta na Cámara á deputada do BNG Montse Prado, quen exemplificou o estado "caótico" da sanidade galega durante a campaña da gripe coa situación do HAC, un centro sanitario no que persiste "a falta de persoal e de medios un ano e medio despois da súa apertura".


"E iso que é a xoia da coroa (do Sergas)!", remachou a nacionalista, crítica con que os responsables autonómicos falen de "normalidade" mentres os profesionais din que as urxencias parecen "un campo de refuxiados".


Con todo, Aboal rexeitou utilizar "un caso" dun hospital cando máis de 84.000 persoas pasaron por urxencias no mes de xaneiro e o seu tempo de espera é "o máis baixo" desde que en 2013 comezaron os rexistros, con algo máis de catro horas. En xaneiro de 2013, lembrou, o tempo medio de espera case alcanzaba as sete horas.


HOSPITAL DE PONTEVEDRA


Por outra banda, o xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Antonio Fernández-Campa, falou na mesma comisión parlamentaria, a instancias da deputada do PSdeG Patricia Vilán, da ampliación do hospital pontevedrés de Montecelo.


En concreto, apuntou que as expropiacións de terreos non se iniciarán ata que se aprobe o plan sectorial de incidencia supramunicipal.

relacionada Persoal do Chuvi concéntrase parar reclamar "medidas sostidas, non puntuais"
relacionada Os traballadores de urxencias do Chuvi "levan demasiados días soportando unha situación insostible"
relacionada O BNG leva ao Hórreo as "deficiencias, irregularidades e denuncias" do Cunqueiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE