O temporal obriga a desviar dous voos e cancelar outro con destino Vigo

O forte vento obrigou a cancelar estes voos que tiñan prevista a súa chegada a Peinador ao longo do día de hoxe. 


|

Aterrizajeavionaeropuertopista

O temporal de vento obrigou a desviar dous avións con orixe en Madrid e destino ao Aeroporto de Vigo, mentres que un terceiro avión que prevía despegar de Bilbao cara á cidade olívica foi cancelado.


Tal e como informaron fontes de Aena a Europa Press, a primeira incidencia produciuse no voo de Air Europa procedente de Madrid que tiña como hora prevista de chegada a Peinador as 8,55 horas deste xoves. Como consecuencia do mal tempo, o avión tivo que regresar á capital.


Así mesmo, o voo de Air Nostrum que debía aterrar en Vigo ás 10,55 horas, foi cancelado e non chegou a despegar de Bilbao. Finalmente, o avión de Iberia procedente de Madrid que debía aterrar a as 12,30 horas en Peinador, tivo que ser desviado ao aeroporto de Santiago.

relacionada Unha compañía aérea dedica un avión a Rosalía de Castro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE