Descobren na Ría de Arousa un novo animal mariño

Correspóndese cunha especie de verme plano (planaria) bautizado como Laqueusplana bocki, que polas súas características, deu lugar á creación dun novo xénero. 


|

Animalmarinoraro


O Grupo de Estudos do Medio Mariño (GEMM) informou do descubrimento na Ría de Arousa de un novo animal mariño, que se corresponde cunha especie de verme plano.


Segundo informa o GEMM, tras varios traballos dedicados ao estudo dos vermes planos (planarias) en augas de Galicia nos que xa se describiron varias especies novas para a ciencia, nesta ocasión o Grupo de Estudos do Medio Mariño "vén de divulgar as últimas novidades sobre este grupo de animais tan descoñecido".


Así, indicou que se trata dunha "completa revisión de todas as especies coñecidas a nivel mundial ata a data", dunha das familias (Pleioplanidae), onde se achegan novos datos sobre as especies desta familia e "descríbese unha nova especie para a ciencia capturada na Ría de Arousa e que ademais, dadas as súas características especiais que a diferencian dos seus parentes próximos, deu lugar á creación dun novo xénero", segundo concreta.


Neste sentido, explica que o novo animal, bautizado como Laqueusplana bocki, é un verme plano que pode alcanzar unha lonxitude en movemento de 25 milímetros. O seu corpo, de forma alongada e consistencia carnosa, presenta unha parte anterior amplamente redondeada que se vai estreitando cara ao final.


Segundo explica a entidade, non presenta tentáculos e ten dous tipos diferentes de ollos. "O seu corpo é de cor beige pálido con manchas marróns escuras distribuídas uniformemente", segundo engade.


APADRIÑAR UN ANIMAL MARIÑO


Este novo descubrimento súmase ás especies descritas en anteriores ocasións polo GEMM. O traballo foi realizado en colaboración co Museo de Ciencias Naturais de Madrid.


Por iso, o GEMM informa da posta en marcha dun novo proxecto no que se ofrecerá a posibilidade de apadriñar a un animal mariño. Con esta iniciativa este grupo pretende conseguir o apoio económico necesario "para seguir adiante co importante labor que realiza, ofrecendo a posibilidade a calquera persoa ou entidade privada, de contribuír economicamente a unha investigación concreta".


"A forma de facelo variará segundo os intereses pero irán desde a posibilidade de asociar o nome do padriño a todos os documentos xerados na investigación, ata mesmo poder dar nome a unha nova especie", segundo explicou. Neste caso, o nome da especie fai honra a Sixten Bock, experto zoólogo sueco nado a finais do século XIV.


O traballo foi publicado en 'European Journal of Taxonomy' e supón, segundo destaca o GEMM, "unha continuación do intenso traballo de catalogación da fauna mariña que o GEMM leva realizando desde fai sete anos en colaboración con diversas institucións de gran relevancia científica".

relacionada A illa de Sálvora podería ser o primeiro espazo natural declarado BIC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE