Varios concellos non dispoñen de autorización en vigor para as cámaras de videovixilancia

A Valedora lembra aos municipios que as cámaras só poden ser utilizadas co permiso, que ha de ser renovado nos prazos previstos. 


|

Camarasvideovigilancia


A Valedora do Pobo trasladou aos concellos galegos a necesidade de contar con autorización para a instalación e uso das cámaras de videovixilancia, ademais de obter as renovacións destes permisos nos prazos previstos pola lexislación.


A asociación Movemento polos Dereitos Civís presentou nesta institución diversos expedientes de queixa en relación coa instalación destes sistemas de vixilancia.


Tras as respostas aos requirimentos de información, detectouse que varias administracións locais non dispoñen da autorización necesaria para cada videocámara ou non a actualizaron, entre elas varias que non se están utilizando.


Moitas destas situacións denunciadas débense á falta de renovación das autorizacións nos prazos designados pola lexislación, onde as administracións locais aglutinan un maior volume de queixas.


Por iso, procedeuse a lembrar aos concellos da necesidade de cumprir coas autorizacións para estes procedementos nos tempo que marca a lei, información que se trasladou a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE