O Goberno enchufa a Fernández de Mesa no consello de administración de REE

|

Fernandezdemesa 1


O consello de administración de Rede Eléctrica de España (REE) designou novo conselleiro da compañía ao exdirector xeral da Garda Civil, o galego Arsenio Fernández de Mesa, cargo polo que percibirá un salario superior a 150.000 euros brutos anuais, segundo anunciou a empresa nunha nota remitida á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


Fernández de Mesa, que deixou o seu cargo á fronte da Garda Civil en novembro do ano pasado, asume o posto de vocal de REE por cooptación e en substitución de Agustín Conde, quen saíu do consello de administración ese mesmo mes para converterse en secretario de Estado de Defensa.


Nunha nota de prensa, a compañía indica que Fernández de Mesa "foi considerado idóneo para o cargo, dada súa experiencia e coñecementos en materia de seguridade integral, condicións que tamén reunía Agustín Conde e que son fundamentais para Rede Eléctrica". Aínda así, De Mesa carece de experiencia previa coñecida no sector enerxético. 


REE destaca do novo conselleiro a súa condición de deputado durante sete lexislaturas, entre 1989 e 2012, así como o desempeño de cargos como o de presidente da Comisión Nacional de Defensa, membro da Asemblea Internacional da OSCE e membro da Asemblea Parlamentaria da Alianza Atlántica.


Tamén foi delegado do Goberno en Galicia (2000-2004) e asesor do ministro de Administracións Públicas (2004), ademais de director xeral da Garda Civil entre decembro de 2011 e novembro de 2016.


Nesta última etapa, asegura REE, Fernández de Mesa adquiriu "máis experiencia non só en materia de seguridade, senón tamén no ámbito da xestión de organizacións, xa que xestionou unha persoal de 85.000 profesionais en máis de 45 países".


Nacido en Ferrol en 1955, o novo conselleiro do xestor técnico da rede eléctrica é funcionario do Estado e ocupou cargos no Partido Popular como o de coordinador territorial nacional.

relacionada Santos Héctor queda absolto do enchufe dunha cuñada de Carmela Silva

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress