Ser profesor, o traballo máis ilusionante para os galegos

Mantense no primeiro posto do ránking de profesións, por diante de piloto de avión e bombeiro.


|

Profesores


Ser profesor é a profesión que máis ilusiona aos galegos, segundo os resultados do V Barómetro Cofidis da Ilusión, cuxo obxectivo é cuantificar o índice de ilusión dos españois.


Así, o 11% dos galegos considera que ser profesor é a profesión que máis lles ilusiona, un traballo que se mantén no primeiro lugar do ránking de profesións pero que perde un 1%.


Xunto con ser profesor, pechan o podio das "profesións máis ilusionantes" en Galicia a de piloto de avión (5%) e bombeiro (4%). Outros empregos que ilusionan aos galegos son enxeñeiro (4%), albanel (4%) e policía (4%).


En menor porcentaxe, ser informático, perruqueiro, psicólogo (3%) e pintor (2%) tamén forman parte do Top10 dos galegos en canto a profesións. Segundo os datos do Barómetro deste ano, conseguir un traballo é un dos proxectos principais para o 13% da poboación galega.

relacionada Este ano sairán 1.000 prazas de profesores, o 100% de reposición
relacionada Educación premia a sete centros polos seus proxectos de formación dos docentes
relacionada Profesores formados para derrubar os estereotipos de xénero

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE