Morre a xornalista Paloma Chamorro

|

Palomachamorro


A xornalista Paloma Chamorro, coñecida por ser a presentadora do programa de TVE 'La Edad de Oro', faleceu este domingo á idade de 68 anos, segundo informou o programa 'Hoy empieza todo', de Radio 3 e recolle RTVE na súa Twitter.


Chamorro, que estivo moi vinculada ao movemento cultural da Movida madrileña, comezou a traballar en TVE a principios dos anos 70 e sempre en programas culturais.


A fama chegoulle polo programa 'La Edad de Oro', que se emitiu nos anos 80, no que a presentadora alternaba entrevistas con actuacións musicais e reportaxes.


A presentadora foi procesada por ofensas á relixión, con motivo do contido emitido en 'La Edad de Oro' o 16 de outubro de 1984. Posteriormente sería absolta por Sentenza da Audiencia Provincial de Madrid en 1990, fallo confirmado polo Tribunal Supremo en 1993.

relacionada Morre Bimba Bosé aos 41 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE