Morre Bimba Bosé aos 41 anos
Faleceu no Hospital Ramón e Cajal de Madrid a consecuencia do cancro de mama que sufría.
A artista multifacética Bimba Bosé faleceu aos 41 anos no Hospital Ramón e Cajal de Madrid a consecuencia do cancro de mama que sufría, segundo informan varios medios. Á artista diagnosticáronlle a principios de 2014 un tumor no peito esquerdo.
A sobriña de Miguel Bosé, que tiña dúas fillas de pouca idade, sufrira diferentes recaídas e no mes de outubro aseguraba nunha entrevista que tiña os "ósos esnaquizados", e arrepentíase de contar que tiña metástase en ósos, fígado e cerebro.
Escribe o teu comentario