A 'encerrona' de TV3

Non me gustan as entrevistas a políticos, sexan do partido que sexan, que se converten nun atafegante terceiro grao, que obriga ao entrevistado, mais que responder a unhas preguntas, a defenderse das acusacións que a outra parte verte sobre a súa persoa política, co único ánimo de deixalo en evidencia amparándose na sacrosanta liberdade de expresión.


|

Monicaterribasjosemontillaentrevista


Non me gustan as entrevistas a políticos, sexan do partido que sexan, que se converten nun atafegante terceiro grao, que obriga ao entrevistado, máis que responder a unhas preguntas, a defenderse das acusacións que a outra parte verte sobre a súa persoa política, co único ánimo de deixalo en evidencia amparándose na sacrosanta liberdade de expresión. Desas este xornalista viu algunha na TV3 pública que pagamos todos os cataláns. E para que quede claro que esta opinión non é infundada, poño en negro sobre branco a "inesquecible" entrevista que a entón directora da canle pública catalá Mònica Terribas lle fixo ao entón President da Generalitat José Montilla que me imaxino se garda como un tesouro na videoteca da Rúa Nicaragua e seguramente nos arquivos da tele, á que só lle faltou que lle preguntase que facía un nativo de Iznájar sentado na cadeira presidencial da praza de Sant Jaume.


E por que me meto en camisas de once varas lembrando esta mala praxe profesional? Pois, moi sinxelo, porque a que lle prepararon o outro día na mesma TV3 ao novo, ou sexa a Carles Puuigdemont é unha 'encerrona' como un templo de grande. E ben que sinto ter que escribilo, porque para a miña desgraza coincido esta vez na miña opinión coa "moi sectaria" Pilar Rahola, que se desmelenou polo que moita xente viu en directo, ou como eu, en diferido, para analizar así o "feito histórico" con máis calma e regodearse cunha posta en escena única nos últimos anos na Canle privada do Govern, no que sempre se nos afixo a que alí ao President da Generalitat, salvo a Maragall e a Montilla, non se lle fan preguntas impertinentes, senón só aquelas que permitan o lucimento dese dirixente político, que para iso coida a Casa de Sant Joan Despí con tanto esmero orzamentario.


Saírse desa norma non escrita no manual de Estilo corporativo soou como a bomba informativa que nos soltou un vello protexido do Ente chamado Jordi Pujol i Soley, cando nos anunciou aquilo da herdanza do patriarca, tirando por terra toda a súa carreira política e a do partido que fundara, abríndolle de paso a porta a Xuíces e Fiscais do "maldito" estado español cos que os seus avogados tentan agora, desesperadamente, chegar a un acordo para que non metan no cárcere a varios dos seus "moi intelixentes" fillos e arruínen o "extraordinario" patrimonio familiar. A Xustiza, desde entón, ten a palabra, e ela será a que decida sobre tan complicado asunto, pero a noticia inicial propagouse desmesuradamente e dexenerou nun escándalo monumental.


O de Puigdemont, de momento, non chegou a tanto, aínda que, o outro día, as redes sociais botaban fume e os antigos converxentes desconfían de que a man de Esquerra estea detrás da selección dos entrevistados para rematar os seus malos datos electorais e afundir o seu candidato ante a opinión pública. Segundo parece, os que participaron no programa, tiñan que ser todos da ideoloxía do entrevistado, e agora sóubose que non, que viñan doutras lareiras diferentes ao "pensamento único". Como é natural ao non ser "amigos do prucés", preguntaron o que lles veu en gana e encima con certa dose de malicia, ou sexa, como na entrevista da Terribas a Montilla, pero cunha moi evidente diferenza: a súa pluralidade partidaria, sindical e veciñal. Menos mal que segundo din, o Director de TV3 é amigo do actual President porque foi o que o nomeou, que se o pillan co mesmo formato en Catalunya Radio onde o 'personaxe' o puxo Esquerra,... lamínano.


Ai, Señor! pero, por que nos botaches do Paraíso?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE