A policía autonómica precisa 50 axentes máis para estar "plenamente operativa"

A Xunta reclama a Interior "completar" o persoal do corpo que se encarga da loita contra a violencia machista e a investigación de incendios.


|

Policiaautonomicaincendiosforestaisinvestigacion


A Xunta de Galicia pedirá ao Ministerio de Interior "completar" o persoal da Policía Autonómica para alcanzar a cifra de 500 efectivos, en lugar dos 450 actuais, segundo expuxo o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, na súa visita ás novas instalacións deste corpo policial na Coruña.


En declaracións aos xornalistas, explicou que volverán pedir ao Ministerio do Interior "que se volva completar ata 500 a unidade de Policía adscrita para tela plenamente operativa".


Mentres, sobre a nova sede da Policía Autonómica da Coruña, situada no edificio de Portos, sinalou, antes de visitar as novas dependencias acompañado, entre outros, polo delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, que se renovou cun investimento de case 60.000 euros.


A estas novas instalacións, trasladaranse proximamente o case medio cento de axentes que ten a Policía Autonómica na cidade herculina onde, segundo lembrou Rueda, desenvolven labores vinculados co furtivismo, a investigación de incendiarios, temas relacionados con menores ou actuacións contra a violencia de xénero.


VIOLENCIA DE XÉNERO


Sobre este labor, e segundo expuxo o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco, en Galicia está a prestarse protección a 112 mulleres, aínda que o obxectivo é chegar no verán ás 250 con esta prestación.


No caso da Coruña, este número rolda a vintena e espérase alcanzar á cifra de 70 ou 80 mulleres no verán, segundo apuntou tamén.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE