Toimil revalida o seu liderado por terceira vez e Adrián Ben logra a prata no Campionato nacional de Atletismo
De feito, o lucense fíxose co metal de prata nuns 800 metros moi rifados, pero nos que Álvaro de Arriba impúxose ferozmente polo ouro nos últimos 100 metros. Así mesmo, estes últimos metros tamén foron decisivos para el, pois grazas ao seu resistecia conseguiu superar a Mariano García, o vixente campión do mundo baixo teito.
Belén Toimil consegue o ouro en lanzamento de peso e busca un oco para o europeo.
Adrián Ben proclamouse subcampión na carreira de 800 metros e superou ao vixente campión do mundo baixo teito, Mariano García.
![FWCoUYIXwAAQvWG](/multimedia/images/5384079.jpg)
A murgadesa non sorprendeu a ninguén coa súa intervención en Nerja. O certo é que as expectativas sobre Toimil eran altas e esta non decepcionou. De feito, o seu primeiro lanzamento xa arrebataba aos seus rivais a opción de pelexar o metal de ouro. Con todo, non foi ata o seu terceiro intento cando fixo o seu lanzamento decisivo con 17'80 metros.
As outras dúas posibilidades restantes que lle concedían a oportunidade de competir coas súas propias marcasa non superaron os 17'50 metros, polo que Belén declaraba irse con sensacións agridoces: Feliz por repetir por terceira vez consecutiva como campioa de España, pero tristes polos números.
A galega non se conforma. Con todo, Toimil segue liderando o récord español con 18'80 metros, aínda que nesta ocasión non se achegou. Tampouco pasou a mínima europea de 18'20 metros por pouco, pero a atleta asegurá que insistirá por un posto para a internacional de Munich.
ADRIÁN BEN, SUBCAMPIÓN EN 800 METROS
Xa na modalidade de carreiras, o galego Adrián Ben executou unha saída de podio. De feito, o lucense fíxose co metal de prata nuns 800 metros moi rifados, pero nos que Álvaro de Arriba impúxose ferozmente polo ouro nos últimos 100 metros.
Así mesmo, estes últimos metros tamén foron decisivos para el, pois grazas ao seu resistecia conseguiu superar a Mariano García, o vixente campión do mundo baixo teito. Adrián finalizou cun tempo de 1.46.01, o que lle concede o pasaporte directo ao Mundial de Eugene.
Nomes como os de Adiaratou tamén soaron na competición. Neste caso, a galega conseguiu unha sexta posición nos 200 metros. Tamén Antía Chamosa bateu o récord galego nos 10.000 metros en marcha, quedándose ás portas do podio cun cuarto debido a que non soubo a derrota. Por último, cabe destacar a reaparición de Lida Parada desde 2018, proclamándose subcampioa de España e coa vista xa posta nas mínimas europeas.
Escribe o teu comentario