O temporal activa a alerta laranxa nas costas da Coruña e Lugo con ondas de ata seis metros
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior --que depende da Xunta de Galicia-- activou unha alerta laranxa por temporal costeiro para este domingo no litorarl das provincias da Coruña e de Lugo.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta no litoral da Coruña e Lugo, que levarán a peor parte deste tempora.
Ventos fortes e choiva marcarán a xornada na comunidade este domingo.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior --que depende da Xunta de Galicia-- activou unha alerta laranxa por temporal costeiro para este domingo no litorarl das provincias da Coruña e de Lugo.
As predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) apuntan a que a partir deste mediodía comezará un fenómeno meteorolóxico adverso costeiro, con ondas de entre cinco e seis metros.
Afectará o noroeste do litoral da Coruña, ao norte de Vilán, e no caso do de Lugo, ao redor de Bares. Ademais, o oeste e suroeste do litoral coruñés entrará en aviso de nivel amarelo por mar combinada de catro a cinco metros e, temporalmente, ventos de noroeste de forza sete.
Escribe o teu comentario