O ferrolán Alberto Abalde está a un só partido do seu primeiro gran título co Real Madrid

O galego espera superar na serie ao Barça, ao que queren matar na capital, para brindarlle o título a Laso. O de Ferrol cultivaría así a súa primeira Liga co Madrid, despois dunha etapa na que só festexou supercopas.  Abalde e Mirotic | Foto: EPSi miramos o palmarés de Alberto Abalde, e aínda que só leve dous anos en Madrid, pode sorprendernos que gañase tantos títulos cos brancos como co Valencia Basket, o seu ex equipo.


|

O galego espera superar na serie ao Barça, ao que queren matar na capital, para brindarlle o título a Laso.

 

O de Ferrol cultivaría así a súa primeira Liga co Madrid, despois dunha etapa na que só festexou supercopas. 

 

Abalde e Mirotic
Abalde e Mirotic | Foto: EP

Se miramos o palmarés de Alberto Abalde, e aínda que só leve dous anos en Madrid, pode sorprendernos que gañase tantos títulos cos brancos como co Valencia Basket, o seu ex equipo. De feito, coa escudra taronja mesmo goza dun título máis prestixioso: a Eurocup de 2017. A ela hai que engadir tres supercopas: unha a beiras do Turia; as outras dúas xa como viquingo. Este domingo pode cambiar a historia.

 

Para Abalde non foi un camiño fácil nunha tempada na que el, como o resto do persoal, foi sinalado pola afección nun curso moi irregular e que, por momentos, parecía abocado ao fracaso. O ferrolán non baixou os brazos e, a pesar dalgunha que outra lesión que o minguou, como está a ocorrer nestas finais do playoff da liga ACB, o domingo pode conquistar o seu primeiro campionato “grande” co Madrid.

 

Ás 18 horas no Palacio dos Deportes de Madrid, os locais confían en rematar ao Barça, que está 2-1 abaixo na serie, e poder brindar o título a un Pablo Laso aínda convalecente tras o paro cardíaco que sufriu hai uns días. Abalde, aínda rengueante, espera achegar o seu granito de area e conquistar un título que o guion da tempada parecía negar a un Madrid disposto a reinventar de novo o conto. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE