Gadisa retail, unha empresa comprometida co medioambiente
Apostaron pola proximidade e os produtos locais.A distribución alimentaria, Gadisa Retail, puxo en marcha este domingo un modelo de negocio completamente sostible con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Arquivo: Gadisa Retail. A empresa asegura que, grazas á súa xestión responsable, puideron reciclar un total de 9.860 toneladas de materiais como cartón, plástico e madeira. Gadisa puxo en foco de atención do desenvolvemento sostible desde tres perspectivas complementarias: ambiental, social e económica.
Apostaron pola proximidade e os produtos locais.
A distribución alimentaria, Gadisa retail, puxo en marcha este domingo un modelo de negocio completamente sostible con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
Arquivo: Gadisa Retail.
A empresa asegura que, grazas á súa xestión responsable, puideron reciclar un total de 9.860 toneladas de materiais como cartón, plástico e madeira.
Gadisa puxo o foco de atención do desenvolvemento sostible desde tres perspectivas complementarias: ambiental, social e económica. Desde os seus inicios, a firma distribuidora posiciónase a favor da sostibilidade. Así o materializaron na atención personalizada instaurada no mostrador tradicional dos Supermercados Gadis, coa que se evita o uso innecesario do plástico.
Tamén sinalan que buscan dar prioridade á compra de máis de 1.000 provedores locais. Este é un compromiso que a empresa estableceu coa súa contorna máis próxima e que a fixo líder de Galicia. Con todo, afirman traballar baixo os catro eixos fundamentais polos que se rexe a estratexia global.
Concretamente, grazas a esta iniciativa, a empresa galega conseguiu rexenerar 8.780 toneladas de cartón, 827 toneladas de plástico e 200 toneladas de madeira. A efectividade dos catro puntos na cadea de valor foron claves na obtención destes resultados, pois abordaron a optimización loxística, impulso á economía circular, xestión responsable dos residuos e a eficiencia enerxética.
Por tanto, colaboran con IFCO e CHEP para traballar con caixas e pallets desde unha posición de achegamento á economía circular. No caso da segunda, a madeira que utilizan proceden de bosques 100% sostibles e certificados pola organización internacional FSC (Forest Stewardship Council). En termos de equivalencia, esta aplicación permitiu aforrar a emisión de preto de 2.000 toneladas de CO2 á atmosfera, é dicir, 14 voltas ao mundo en camión.
"UNHA SOA TERRA"
Así se presentou este ano o lema do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado este pasado 5 de xuño. Gadisa retail, comprometida coa causa, elaborou unha análise de resultados en función dos plans estratéxicos elaborados para coidar a "única Terra".
O seu sistema de reciclaxe e reutilización ten unha veterana traxectoria, desde 1995, o que lles permitiu dar unha nova vida a 9.860 toneladas de materiais. Ademais, no seu sede central, contan cun equipo composto por 30 profesionais que se dedican exclusivamente a este labor.
A empresa segue a campaña verde no marco do Día Mundial do Medio Ambiente e, por iso, tamén Supermercados Gadis iniciou un proxecto de reciclaxe de cápsulas de café. Outro exemplo sería a implicación que mantén coas diferentes seccións do produto fresco como a peixaría, carnicería, froitería, charcutería e panadería. Todas elas son servidas ao cliente en bolsas e recipientes son 100% biodegradables, compostabéis e reutilizabéis.
Escribe o teu comentario