Todo listo en Galicia para os playoff: Deportivo da Coruña e Racing de Ferrol, ao asalto da Segunda División

A Malata, Balaídos e Riazor serán as sedes das semifinais da Primeira RFEF. Deportivo e Racing de Ferrol pugnan por un oco en Segunda. 



|

A Malata, Balaídos e Riazor serán as sedes das semifinais da Primeira RFEF. Deportivo e Racing de Ferrol pugnan por un oco en Segunda. 


A comunidade galega albergará estes playoff cunha finalisima en Ferrol o venres entre o Racing de Santander e o FC Andorra, campións dos dous grupos. 


Joselu racing de ferrol

Joselu, capitán do Racing, encabeza a saída ao campo ante o Zamora | Foto: Racing de Ferrol


O fútbol contaxiará Galicia de punta a punta esta fin de semana. Aínda que Primeira e Segunda xa botaron o peche na súa fase regular -A liga Smart Bank está a disputar os playoff nestes momentos, que enfrontan a Tenerife e As Palmas por unha banda e a Xirona e Eibar por outro-aínda quedan moitos pétalos que esfollar na margarida e saber quen acompañará a Racing de Santander e FC Andorra como as caras novas da próxima tempada en Segunda División.


Na terna por alcanxzar o ascenso están o Deportivo da Coruña e o Racing de Ferrol, dous serios candidatos a lograr a xesta. Os branquiazuis mediranse ao Linares Deportivo o sábado ás 21 horas en Riazor, mentres que o club da cidade departamental terá que xogar o domingo ás 18 horas, e lonxe do seu campo, en Balaídos, a donse desprazaranse varios autobuses de incondicionais para apoiar aos seus no duelo crucial ante o Nástic de Tarragona


FINALÍSIMA DA RFEF

O Racing non xoga en casa porque así o decidiu o sorteo e porque, o venres, A Malata vivirá a finalísima do fútbol de bronce co enfrontamento entre os santanderinos e os andorranos, campións de grupo. Do choque sairá o primeiro campión da Primeira RFEF, tras a transformación da Segunda División B. As cántabros pecharon a tempada con 81 puntos -pero cun rival menos no Grupo I, pola descualificación do Estremadura-, mentres que o equipo do país veciño terminou primeiro do Grupo II con 71 puntos.


Ademais das semifinais con acento galego, hai outros dous partidos: sábado ás 18 horas en Balaídos, Albacete - Raio Majadahonda -o gañador xogarase o ascenso ante Dépor ou Linares-; domigno ás 18 horas na Malata, Vilarreal B - VDE Logroñés -o gañador xogarase o ascenso ante Racing ou Nástic-. Desta maneira, hai opcións de que os dous equipos galegos logren un billete a Segunda. 


SEMIS SEN QUENDA DE PENALTIS

Este sistema, ademais, incorpora un par de novidades: nas semifinais non haberá penaltis. En caso de empate, pasarase a unha prórroga, e de prevalecer a igualada ao final dos 120 minutos, o equipo con mellor clasificación na táboa, que exercerá de local, pasará á final. As finais polo ascenso disputaranse o sábado 11 de xuño ás 18:00 e 21:00 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE