Todoterreo na fonte da Praza América de Vigo tras accidente
A Policía Local investiga que lle puido pasar ao condutor para facer de fronte a rotonda máis famosa da cidade.
Na mañá deste luns, un condutor perdeu o control do seu todoterreo e terminou dentro do estanque de Praza América, no centro de Vigo. O home conducía baixando Gran Vía.
Segundo informou a Policía Local, o aviso do accidente chegou ás 8:48 horas a través do 112 Galicia. As testemuñas indicaron que o home sufrira un mareo, o que o levou a atravesar o xardín da praza antes de acabar na auga.
Ao lugar acudiron axentes da Policía Local e unha ambulancia do 061 para atender a situación. Un guindastre tivo que alzar ao pesado todo terreo desde o estanque ante a expectación de ducias de curiosos.
Escribe o teu comentario