Enquisa: a esquerda gaña terreo fronte a un PP ao que penaliza a alza da abstención

O último barómetro de 40db sobre as eleccións xerais en Galicia mostra unha notable alza das forzas de esquerda que compoñen en Goberno de España e, outra vez, un ascenso dos indecisos. É a dereita quen paga o prato.


|

Así, o grupo de indecisos, votos en branco e nulos rompe o seu teito e dispárase por encima do 25 por cento. Parece haber certa correlación entre o maior peso deste colectivo e a menor intención de voto ao Partido Popular de Galicia, que cae até o 22%, a súa peor cifra desde xaneiro. No barómetro de maio os conservadores bateron a súa mellor marca á vez que os indecisos caía.
 

Con todo, o PPdeG gañaría -como case sempre- unhas eleccións ao Congreso e ao Senado, pois lle saca dous puntos en intención de voto ao PSdeG. Os socialistas cortan unha mala serie de barómetros á baixa, aínda que é unha recuperación tímida, quedan no 20%, lonxe do case 30% co que empezaron o ano.

 

A gran sorpresa desta onda dáa Sumar. Os de Yolanda Díaz alcanzan a súa mellor marca con máis do 5%, superando ao seu competidor máis directo, Podemos. O leve descenso dos azamboados -déixanse un punto- non chega para explicar o subidón de Sumar, que crece máis de tres. 

 


 

Quizá teña que ver coa caída do BNG, que perde dous puntos e ve como o PSOE se afasta moito. Pola dereita, Vox non é capaz de beneficiar da caída do PPdeG. Con todo, o panorama para os de Santiago Abascal non é malo. De todos os partidos, as cifras dos ultranacionalistas españois son os que menos volatilidade presentan. 
 

O seu rival máis directo, Acabouse a Festa, segue na irrelevancia, con menos do 2 por cento en intención de voto. Cando os de Alvise Pérez deron a campá en febreiro, co 5 por cento, foi cando Vox cultivou a súa peor porcentaxe. Parece evidente, por tanto, que ambos pescan no mesmo caladoiro.

Tendo en conta que para entrar na repartición de escanos necesítase un mínimo do 3 por cento nesa circunscrición provincial, nin SALF, nin Podemos, nin Sumar -a pesar da súa notable recuperación- parecen en condicións de loitar por un asento en representación por Galicia. Vox, con case o 10% e unha intención de voto estable, debería telo ao alcance da man na Coruña, provincia na que se quedou co mel nos beizos nas dúas últimas eleccións xerais. 


 

Sd0Sa intenci n de voto elecciones generales galicia (2)

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE