(VÍDEOS) Interceptan en Brasil un novo narcosubmarino que pretendía operar nas costas españolas
Nos últimos anos hanse intervendios distintos semisumergibles similares en augas galegas.
A Policía Nacional ha interceptado nunha operación conxunta coa Policía Federal de Brasil, a Polícia Judiciária portuguesa e a axencia estadounidense DEA unha embarcación semisumergible usada para transportar droga até as costas españolas.
O semisumergible foi interceptado o pasado sábado no estado brasileiro de Pará e até o momento foron detidas cinco persoas, aínda que a operación continúa aberta e non se descartan novas detencións, segundo informou a Policía Nacional.
A operación contou coa participación do Comando de Operacións Tácticas da Policía Federal de Brasil, así como co apoio aéreo dun helicóptero da Forza Aérea brasileira e o apoio marítimo dun buque da Mariña de Brasil.
A Policía Nacional ha destacado que a identificación e localización da embarcación foi posible grazas á cooperación policial internacional coa Polícia Judiciaria de Portugal e a Administración para o Control de Drogas dos Estados Unidos (DEA) que, xunto ás autoridades brasileiras, puideron interceptar a embarcación dedicada ao tráfico internacional de drogas e tiña como destino as costas españolas.
Escribe o teu comentario