María Bustillo Casado, nova xefa do Servizo de Medicina Interna do CHUO tras as dimisións desta semana

María Bustillo Casado asume desde este xoves, 2 de xuño, a xefatura do Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Ourense, tras presentar a súa dimisión hai días a anterior xefa de servizo, Amalia Cadavid.

|

Bustillo Casado releva a Amalia Cadavid, que presentou a súa dimisión esta semana, agravando o conflito sanitario na área ourensá. 


Bustillo Casado asume "con efecto inmediato" esta nova responsabilidade e xa mantivo un encontro co resto do servizo.


María Bustillo asume a Xefatura do Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Ourense.Foto: EP


María Bustillo Casado asume desde este xoves, 2 de xuño, a xefatura do Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Ourense, tras presentar a súa dimisión hai días a anterior xefa de servizo, Amalia Cadavid.

Segundo informou este xoves a área sanitaria ourensá, Bustillo Casado está vinculada desde o seu período de formación especializada ao Hospital Universitario de Ourense, ao que se incorporou como adxunta na súa Sección de Enfermidades Infecciosas desde o ano 2000.


LICENCIADA EN NAVARRA; DOUTORADA NA USC

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago, durante o seu período de residencia MIR, entre 1995 e 1999, para especializarse posteriormente no ámbito das enfermidades infecciosas.

A área sanitaria ourensá incide en que o Servizo de Medicina Interna, un dos "tradicionalmente con maior volume asistencial", asumiu "a maior parte dos ingresos derivados da pandemia, moitos de gran complexidade", ademais de pilotar dispositivos específicos de atención á Covid de nova creación, como o Equipo de Seguimento Compartido de Atención Primaria-Hospitalaria e a Unidade de Atención á Covid Persistente, nos que a propia María Bustillo, matizan as mesmas fontes, "estivo implicada desde o seu inicio".


DIMISIÓN DE CADAVID

Bustillo Casado asume "con efecto inmediato" esta nova responsabilidade e releva a Amalia Cadavid que cesou a petición propia o mares 31 de maio, destacan as mesmas fontes, á que a Dirección a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras agradécenlle o seu "esforzo nestes meses de intenso traballo".

A nova responsable de Medicina Interna mantivo na mañá deste xoves un encontro co servizo, no que foi formalmente presentada como a xefa do mesmo, previamente a asistir á reunión na Consellería de Sanidade á que están convocados os responsables dos departamentos de Medicina Interna dos hospitais galegos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE