O Vello Cárcere quedará sen vixiantes de seguridade privada de forma "incomprensible e inxustificada", di CSIF

O sindicato solicita ao Concello de Lugo, de novo, que presente os informes que avalan a decisión de prescindir deste servizo que consideran primordial. 


|

O vello cárcere
O Vello Cárcere

 

Despois de semanas de denuncias, e co tempo correndo en contra do futuro do Centro Sociocultural 'O Vello Cárcere', na Central Sindical Independente e de Funcionarios foron un paso máis aló e apreman ao Goberno de Lugo a facer públicos os informes internos nos que se apoian para prescindir do servizo de seguridade que até agora viñan prestando cinco profesionais de SEYVI S.L., un servizo que non será prorrogado e que vence en xuño. 

 

O 1 de xullo a infraestrutura quedará sen a vixilancia coa que contaba até agora, para incomprensión dun sindicato que puxo o foco sobre o Concello sen ter unha resposta satisfactoria até a data. Así, tachan de "incomprensible" a decisión adoptada polo Goberno de Alvarellos, que consideran "inxustificada" e sobre a que o PP de Lugo xa manifestou os seus receos, alegando que era perigosa por lacantidad de obxectos arqueolóxicos que se gardan nas instalacións. 

 

Desde CSIF inciden que, a pesar das reiteradas denuncias, aínda non teñen "ningunha contestación" nin por parte de alcaldía nin da área de Cultura. "É fundamental dar unha solución canto antes a este conflito, tendo en conta que as obras de accesibilidade e mantemento do edificio para dotalo dunha cafetaría avanzan a bo ritmo e en breve procederase á súa apertura", lembran. 

 

A presenza da cafetaría supón, a ollos do sindicato, "un motivo máis para xustificar o mantemento da seguridade privada" nun complexo que conta con cámaras de seguridade no interior e o exterior e que foi recoñecido pola propia Policía Local como un centro que precisa de vixilancia propia polas súas características e a afluencia de público. 


"Cal é a opción, entón? Desconectar todos eses dispositivos de seguridade ao prescindir do persoal habilitado para a súa manipulación ou obrigar ao persoal administrativo ou de atención ao público a asumir esas funcións?", cuestiona o sindicato, ao tempo en que fai fincapé en que non lle corresponde a estes empregados realizar este tipo de tarefas, propias do persoal especializado de seguridade, xa que isto pode levar a "graves sancións económicas" que se sufragarían desde "as arcas públicas".

 

"Instamos o Concello a que solicite nos organismos competentes os informes necesarios sobre as consecuencias do incumprimento da Lei 5/2014 de Seguridade Privada, das que vén advertindo CSIF, e a que nos facilite calquera estudo ou informe interno que avalen a súa decisión de retirar o servizo de seguridade de O Vello Cárcere", resolven. 


 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE