O Parlamento elixe a Feijóo senador por Galicia a pesar de que o político dixo que se está censando en Madrid

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o seu vicesecretario de Organización en Xénova, Miguel Tellado, foron elixidos senadores por designación autonómica co apoio de 41 votos dos deputados do Grupo Parlamentario Popular, que ten maioría absoluta na Cámara autonómica.

|

O novo presidente do PP español indicou esta fin de semana no congreso da rama madrileña que se vai censar en Madrid, onde vive desde que abandonou a Xunta. 


A oposición usou este e outros argumentos para deixar só ao PP na aprobación dos normbramientos de Feijóo e Tellado. Entenden que non van representar a Galicia, senón a cobrar un soldo para aliviar as maltreitas arcas dos conservadores. Feijóo, ademais, terá unha tribuna para enfrontarse a Sánchez.


A sesión parlamentaria, que foi por a tarde porque o presidente da Xunta estivo pola mañá co Rey, trouxo a boa noticia da reincorporación de Pedro Puy tras o seu infarto.



Feiju00f3ou e Tellado agradecen os seus nomeamentos como senadores



O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o seu vicesecretario de Organización en Xénova, Miguel Tellado, foron elixidos senadores por designación autonómica co apoio de 41 votos dos deputados do Grupo Parlamentario Popular, que ten maioría absoluta na Cámara autonómica.

Feijóo e Tellado, que deixan xa o seu escano no Parlamento galego, substituirán na Cámara alta a Elena Muñoz e a Juan Serrano. A proposta, rexistrada polo Grupo Parlamentario Popular, foi votada este martes nun pleno extraordinario, minutos antes do arranque da sesión.






En urna, cunha papeleta deseñada cos dous nomes propostos polos populares, votaron a favor 41 parlamentarios do PP, mentres que 31 deputados da oposición --PSdeG e BNG--, moi críticos co "uso das institucións" por parte dos populares, optaron polo voto en branco.


VOLVE UN CONVALECENTE PEDRO PUY
Nesta sesión, na que Alfonso Rueda ocupou por vez primeira o escano de presidente da Xunta, Feijóo ocupou o sitio reservado nas filas populares para o portavoz, Pedro Puy. Este desprazouse á Cámara para participar na votación, a pesar de que se atopa recuperándose tras sufrir un infarto, e sentouse ao seu lado.

De feito, todos os deputados populares corréronse un posto para deixar o sitio máis destacado ao seu xefe de filas estatal, que tomará posesión do seu cargo no Senado este mércores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE